❗️Para poder utilizar Verkami debes hacerlo desde otro navegador. Instala o entra desde: Microsoft Edge, Chrome o Firefox. Microsoft ha dejado de actualizar el navegador Internet Explorer que estás utilizando y ha dejado de ser compatible con la mayoría de sitios web.

Primeiro disco de OS CARECOS

O grupo de música folk-tradicional da zona do Ortegal, Os Carecos, precisa da vosa colaboración para facer realidade o seu primeiro disco.

Xeitosa Producións

Un proyecto de

Categoría

Creado en

Ortigueira
71%
32
días
160
Aportaciones
6.048€
De 8.500€
Aporta al proyecto

Escoge tu recompensa

Apóyalo con una donación

Aporta sin recompensa
Haz una donación altruista al proyecto sin recibir ninguna recompensa a cambio:

Axúdanos a lanzar o noso novo disco!

Os Carecos
Os Carecos

💛 Os Carecos estamos a piques de dar un paso moi importante na nosa traxectoria: o lanzamento do noso primeiro disco! Despois de meses de traballo, o álbum xa está practicamente gravado, e agora precisamos da vosa axuda para poder darlle o impulso final e compartilo con todas e todos vós.

Gravación de Palmira
Gravación de Palmira

Este novo traballo vén cunha mesaxe clara: ser música para o baile, mantendo a nosa esencia pero explorando novas sonoridades para enfocar este proxecto cara un lugar de identidade propia. Un disco feito dende unha xenuina ilusión, co que queremos transmitir todo aquelo aprendido nas distintas asociacións, cos diferentes mestres e mestras, nas foliadas e, en definitiva, neste fermoso camiño de crear dende a música tradicional.

Xa tivemos a oportunidade de estrear algunhas das súas cancións que formarán parte do disco, como ‘Tristimil’ ou ‘Palmira’ , e a acollida foi espectacular. Agora queremos que o álbum completo vexa a luz en maio deste 2025, pero para iso precisamos o voso apoio! 🙌
Videoclip do noso sinxelo Tristimil

Por que apoiar este proxecto?

🎶 Porque queremos seguir a transmitir a nosa pegada persoal na música tradicional galega.
💥 Porque este disco representa a nosa paixón polo baile e por tocar para a xente que baila, que é a base da nosa tradición.
🤝 Porque cada gran de area conta, e ti podes formar parte desta primeira aventura!

En 2023 consolidámonos como grupo folk no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, e agora queremos que este primeiro traballo sexa un paso fundamental na nosa carreira.

Os carecos no Festival de Ortigueira 2023
Os carecos no Festival de Ortigueira 2023

Co teu apoio, poderemos afrontar os últimos pasos do proceso: masterización, fabricación, deseño, promoción e lanzamento.

Quen somos Os Carecos?

Os Carecos somos un grupo que leva a tradición galega na súa esencia. A nosa historia comeza en 2014, cando nos coñecemos na Asociación Cultural Gamelas e Anduriñas de Espasante. Dende aquela, percorremos Galicia levando a nosa música a todos os recunchos, cunha posta en escena que conxuga polifonía vocal con percusión de man facendo o que máis nos gusta: moita festa. Nós somos 🎤 Carlos Cheda, Samuel Ramos e Diego Chao (pandeireta e voz)

Carlos, Diego e Samuel
Carlos, Diego e Samuel

Pero en 2023 xuntámonos co reto de levar un grande formato ao Festival Internacional do mundo Celta de Ortigueira, nese preciso e precioso instante, nace este proxecto, onde o encaixe sucedeu de xeito case máxico con 🎶 Alberto Fojo (gaita e clarinete), 🎹 Serafín Santamariña (acordeón) e 🥁 Toñito Martínez (percusión). Neste momento, convertímonos no grupo Folk OS CARECOS.

Alberto, Serafín e Toñito
Alberto, Serafín e Toñito

O Proxecto tomou unha forma e dimensión moito máis grande e dinámica, creando moito máis que un grupo, convertiunos en CAMARADAS.

Convertímonos en camaradas
Convertímonos en camaradas

Pero como sabedes, non só facemos concertos, senón que tamén organizamos o noso Serán Careco. Creámolo no ano 2016, un evento no que se reúnen artistas de renome e no que toda a recadación vai destinada á loita contra o cancro. A música, ademais de unirnos, tamén pode ser unha ferramenta de apoio aos que máis o precisan.

A túa axuda é fundamental!

Agora precisamos un último empurrón para facer realidade este disco e se o conseguimos, presentarémolo o día 4 de maio na sala Garufa de A Coruña!

Co voso apoio, poderemos afrontar os custos de:

✔ Gravación e remate de detalles finais
✔ Masterización e produción final
✔ Fabricación en formato físico
✔ Deseño e packaging
✔ Promoción, merchandaising e lanzamento
✔ Imaxe e videoclip

Cada achega conta e, por suposto, temos recompensas especiais para vós

  • Disco físico

  • Envío Internacional

  • Disco e Camiseta

  • Disco e Gorro

  • Disco e Calcetins

  • Disco, Camiseta, Gorro e Calcetíns

  • Disco e 1 entrada concerto presentación

  • Disco e 2 entradas concerto presentación

  • Disco e Pandeireta personalizada

  • Concerto privado

👉 Axúdanos a facer realidade este proxecto!

Os Carecos
Os Carecos

🎟️ Colabora agora e sé parte desta aventura!

Preguntas frecuentes

Aún no hay ninguna publicada.

¿Tienes alguna otra duda o pregunta?

Pregunta al autor/a

23 comentarios

Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.

  • Sofiorti

    Sofiorti

    9 horas

    Moitas sorte rapaces 🔥🔥

  • Vanessa

    Vanessa

    1 días

    Ya queda menos!!! 😀

  • Victor Rodriguez Balseiro

    Victor Rodriguez Balseiro

    2 días

    Xa tedes o noso apoio!!! Vémonos no verán!

  • Raquel Arce

    Raquel Arce

    3 días

    Ánimo guajes!! Mi pequeña aportación desde Mieres

  • Antía Ben

    Antía Ben

    3 días

    Moito ánimo! Desexando que saquedes o disco!

  • freber

    freber

    4 días

    💪🏻👏🏻

  • Pilar Otero

    Pilar Otero

    4 días

    Estos rapaces van dar moito que bailar!

  • Marta Díaz Painceira

    Marta Díaz Painceira

    4 días

    Moita sorte! A ver se poido ir á Coruña...

  • María Blas

    María Blas

    5 días

    Pasiño a pasiño faise o camiño 👌😍

  • María Blas

    María Blas

    5 días

    Los mejores ♥️

Utilizamos cookies propias esenciales para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para poder conocer el uso de la página. Política de cookies