O PROXECTO
Sinopse:
Máis Sanidade é unha webserie documental que pon voz a diferentes persoas que viven de primeira man os efectos da crise sanitaria que sacode Galicia.
A través de testemuñas de profesionais da saúde, pacientes e cidadáns afectados, mostraremos a realidade dun sistema sanitario público colapsado, no que os repetidos orzamentos insuficientes ( que incumplen as indicacións da OMS), a privatización e a corrupción fan cada vez máis difícil o acceso á atención sanitaria de calidade.
Desde os hospitais públicos en mal estado ata a falta de persoal en centros de atención primaria, a serie destapa os efectos dun modelo que favorece aos intereses privados, mentres os recursos para a sanidade pública se reducen intencionadamente ano tras ano.
Alguns dos temas por capítulos
Episodio 1 - "A Privatización Silenciosa"
Neste episodio, exploramos como a Xunta de Galicia favorece a sanidade privada a costa do benestar público. A través de exemplos como o Hospital Domínguez en Pontevedra ou Povisa en Vigo, a serie pon de manifesto como os concertos con grandes multinacionais como Quirón ou Ribeira Saúde, que asumen servizos sanitarios públicos, aumentan os custos e reducen a calidade da atención. Mentres tanto, os hospitais públicos como o de Montecelo ou o Álvaro Cunqueiro ven como se perpetúa a sobrecarga de traballo e a falta de medios.
Episodio 2 - "A Sobrevivencia dos Hospitales Públicos"
Neste capítulo, centramos a nosa atención na precariedade que afecta aos hospitais públicos. En Vigo, a prórroga ilegal do concerto con POVISA e a subcontratación de cirurxías complexas evidencian o desmantelamento progresivo dos recursos públicos. A crise no Hospital de Ourense, onde hospitais privados reciben pacientes da sanidade pública sen concerto legal, e a privatización dos servizos de cirurxía en áreas complexas como neurocirurxía, ilustran a tendencia a externalizar servizos fundamentais para aforrar custos.
Episodio 3 - "A Marxinación do rural: O Caso de Ourense e A Mariña"
A eliminación de servicios en zonas rurais como Ourense ou A Mariña de Lugo, é un dos maiores problemas que se presenta na actualidade. O abandono dos servizos de Medicina Interna no Hospital da Mariña e a falta de médicos en Atención Primaria e Pediatría en máis da metade dos concellos galegos son só algúns exemplos dun gran problema que afecta máis aos que viven lonxe das grandes cidades. Testemuñas de profesionais e pacientes mostran o colapso do sistema e a necesidade urxente dunha reforma.
Episodio 4 - "Non se cubren os servicios mínimos. Violación de dereitos"
A falta de persoal médico e de outros recursos humanos nos centros de saúde e hospitais públicos de Galicia é unha consecuencia da destructiva mala xestión por parte da Xunta de Galicia: Non sacar todas as prazas MIR dispoñibles polo Ministerio, cubrir soamente 1 de cada 10 xubilacións, ou a explotación laboral e temporalidade nas contratacións de persoal , que fai que o persoal teña que emigrar fóra, ou o feito de que permitan ilegalmente que os médicos da pública traballen na privada ao mesmo tempo, son parte dos motivos.
Episodio 5- "O aumento da morte evitable"
Isto non fai senón incrementar a presión sobre un sistema que cada vez está máis saturado. A falta de pediatras, dentistas e médicos especialistas é unha realidade diaria para miles de galegos. Como consecuencia a morte evitable non xustificada pola epidemioloxía crece en Galicia por primeira vez na nosa Historia .
A desesperación dos cidadáns co sistema sanitario público non deixa de aumentar, e son moitos os que se ven forzados a acudir á sanidade privada por falta de atención ou por non poder agardar máis dun ano nas listas de espera que seguen crecendo.
Episodio 6 - "A Corrupción e o Nepotismo: O Caso das Residencias de Maiores"
A serie tamén denuncia os graves problemas nos servizos de atención a maiores, onde a corrupción e a mala xestión afectan directamente á calidade de vida das persoas máis vulnerables. O desmantelamento do servizo de enfermería nas residencias de maiores e a falta de prazas axeitadas provocan un deterioro nas condicións de vida dos residentes. A comida de baixa calidade e as malas condicións de atención son só algúns dos efectos do recorte de recursos que sufren as residencias públicas.
Episodio 7 - "A Invisibilidade da Saúde Mental"
A saúde mental tamén se ve gravemente afectada pola falta de recursos. As listas de espera para consultas de psiquiatría e psicoloxía clínica son cada vez maiores, e moitas persoas optan por acudir a atención privada por non poder esperar. A falta de profesionais e de investimentos na atención á saúde mental agrava a situación das persoas que padecen trastornos mentais, facendo que moitos se vexan desamparados polo sistema público.
Conclusión:
Máis Sanidade non é só unha serie sobre os problemas da sanidade pública en Galicia; é un chamado á acción para que a cidadanía tome conciencia da importancia de defender un sistema sanitario público, accesible e de calidade para todas as persoas. A través das testemuñas dos que loitan cada día contra este sistema colapsado, a serie busca poñer sobre a mesa a necesidade de mudar o rumbo e garantir que os dereitos sanitarios sexan realmente para todos e non un privilexio para uns poucos.
Formato:
A serie estará dispoñible en 15 episodios que se emitirán semanalmente a través dunha plataforma en liña. Cada episodio terá unha duración de 5 minutos e contará con entrevistas, testemuñas en primeira persoa e datos contrastados que fundamentan as problemáticas descritas.
CONSEGUE RECOMPENSAS EXCLUSIVAS!
Neste apartado vos describimos e amosamos por separado os distintos elementos que compoñen as recompensas.
Todo o que presentamos nesta campaña está feito de xeito altruista por xente voluntaria , tanto o que serán os videos da webserie como as recompensas.
Agradecemos especialmente a cestola a súa colaboración coas preciosa lámina adicadas e asinadas de xeito persoal.
- Estas recompensas serán un xeito estupendo de lembrar a túa valiosa participación nesta campaña de concienciación. Entre todas as persoas seguro que conseguiremos a difusión necesaria para que todo o mundo saiba o que está a pasar . A través da movilización social conseguiremos a presión suficiente para que as cousas cambien!
QUEN SOMOS
SOS SANIDADE está formada por un conxunto de organizacións e plataformas que traballan sen ánimo de lucro cara visibilizar e resolver os problemas do Sistema Público de Saúde xerados pola irresponsable xestión destrutiva da Xunta de Galicia.
Máis de 30 plataformas locais.
Realizamos campañas de denuncia e incidencia política.
Traballamos na concienciación e mobilización da sociedade para reclamar os nosos dereitos e conseguir cambiar as cousas.
A QUE DESTINAREMOS AS VOSAS ACHEGAS.
Cos cartos recadados faremos a webserie de 15 capítulos de 5 minutos, que colgaranse na nosa web e tamén por suposto nas redes sociais.
Financiaremos tamén unha campaña promocional de cuñas de radio e cartelería, pois pensamos que vai ser a mellor maneira de que todo o mundo se entere e servirá de campaña de concienciación.
Calendario previsto
Estamos xa no proceso de desenvolvemento e produción do proxecto que durará todo o mes de marzo. O día 5 de abril estrearase a webserie na web de SOS Sanidade.
O 6 de abril repartiranse as recompensas en Santiago de Compostela, nun posto que estará na Alameda, ao lado da escultura das Marías, desde as 10:30 ata as 13:00h da mañá .
As persoas que non poidan acudir ese día, poderán recoller outro día as súas recompensas a través da plataforma local máis cercana. ( contactarase de xeito individual coa xente via mail)
+ Info
Aquí tes as ligazóns relevantes para a campaña:
-Podes contactarnos e actualizar a información na nosa web
Axúdanos a difundir a través do noso Facebook
Segue o proxecto tamén no noso Instagram
Tamén estamos en Twitter
1 comentario
Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.
Eric Barceló
O pobo loita polo pobo! Xuntos temos máis forza!