❗️Para poder utilizar Verkami debes hacerlo desde otro navegador. Instala o entra desde: Microsoft Edge, Chrome o Firefox. Microsoft ha dejado de actualizar el navegador Internet Explorer que estás utilizando y ha dejado de ser compatible con la mayoría de sitios web.

Oh, Mammi Blue!

Unha obra irreverente, máxica, profunda e lúcida. Un monólogo tráxico cargado de humor que desafiará as expectativas do espectador.

colectivo Cinema Sticado

Un proyecto de

Categoría

Creado en

Cangas
86%
4
días
62
Aportaciones
5.620€
De 6.500€
Aporta al proyecto

Escoge tu recompensa

Apóyalo con una donación

Aporta sin recompensa
Haz una donación altruista al proyecto sin recibir ninguna recompensa a cambio:

SINOPSE

Oh, mammi blue! comeza coas primeiras horas dun parto, as últimas dun embarazo e a sensación de que algo vai saír mal.

A través dunha serie de incidentes e erros cos que a protagonista se compromete ata o final, asistiremos a un desenlace inesperado que cambiará a súa vida, e a dos que a rodean, para sempre.

A través dunha posta en escena innovadora e visualmente impactante, a peza achéganos un testemuño único e luminoso sobre a perda, o trauma, o amor e a supervivencia.

Oh, mammi blue! é un relato fascinante no que se destapan tabús de xeito audaz e onde quedan reflectidas as dúbidas, a beleza, o terror e a culpa que acompañan a experiencia da maternidade.

Unha obra cun dispositivo narrativo singularísimo que non deixará indiferente ao público.

NOTAS DA AUTORA

Este espectáculo está construído con historias que aconteceron e outras que non, coas inventadas, coas que xa ninguén lembra, con esas das que non se fala, porque as súas vimbias non son as palabras senón os xestos.

Oh, mammi blue! está feita de silencios, amnesias provocadas, e de fascinantes historias que se vencellan entre si.

Poderiamos dicir que é a historia dun embarazo de risco e a dunha muller que decidiu non abortar, tamén a de sete fillos que quedaron sen nai, ou a dunha casa construída fronte a unha igrexa, a dunha cadeira rota ao nacer e a dunha nai solteira que cando lle preguntabas por que non casara adoitaba responder “el que vino no convino y el que convino no vino.”

Pero sobre todo é a historia dunha muller intentando facer as paces co seu pasado.

SOBRE AS RECOMPENSAS

Soamente a través de Verkami poderás conseguir agasallos exclusivos que che permitirán disfrutar dunha experiencia inolvidable.

Descobre todas as posibilidades e elixe a que máis che guste; incluso poderás convertirte en coproductor e aproveitarte das vantaxes especiais.

Os agasallos incluidos nas doazóns entregaranse na propia sala o día fixado para asistir á representación.

O principal obxectivo desta campaña é a **financiación de melloras de produción de todos os aspectos do proxecto, especialmente escenografía, vestiario, iluminación, etc.

QUEN SOMOS

FICHA ARTÍSTICA

  • Dirección e dramaturxia: Noemi Rodríguez

  • Elenco: Helena Varela

  • Axudante de dirección: Darlene Rodríguez

  • Escenografía: Jose Manuel Faro (Coti)

  • Iluminación: Laura Iturralde

  • Vestiario: Dúas e Punto

  • Espazo sonoro e vídeo: Xosel Díez

  • Maquillaxe e perruquería: Salón de Beleza Ítaca

  • Fotografía: Alberto Pequeño

  • Deseño gráfico e dirección de arte: María Vilariño

  • Técnicas en xira: As Dúas e Punto

  • Produtora executiva: Helena Varela

  • Distribuidora: Darlene Rodríguez

CALENDARIO DE PRODUCIÓN

Oh, mammi blue! xa está nunha fase moi avanzada de produción, preparándose para a súa pre estrea o 8 de agosto e estrea o 18 de outubro no Auditorio Municipal de Cangas.

  • 1 xullo – 8 agosto: ensaios e montaxe escénica con toda a equipa

  • 8 agosto: preestrea con 40 persoas convidadas previamente

  • 18 outubro ás 20:00h: estrea mundial no Auditorio de Cangas

📦 As recompensas entregaranse na preestrea e na estrea.

💰 DESTINO DO FINANCIAMENTO

  • Aloxamento e dietas da equipa durante o mes de produción

  • Melloras técnicas (escenografía, iluminación, vestiario)

  • Produción das recompensas

O proxecto conta tamén con:

  • Patrocinadores: Vinoteca A Micalla (Allariz), Salón de Beleza Ítaca (Cangas), Camino en Kayak (O Grove)

  • Apoio da Deputación da Coruña (departamento de igualdade)

  • Colaboración con RedTalento Consultoras

📊 Orzamento total: 25.000 €

Irémosvos facendo partícipes de todo o proceso de produción ata a estrea a través desta campaña, e moi pronto poderedes gozar de Oh, mammi blue! en directo connosco.

Síguenos

Para coñecer máis sobre o proxecto e o equipo e estar ao día de todas as novidades de Oh, mammi blue!, síguenos na nosas redes sociais:

Grazas por formar parte desta viaxe.

Axúdanos a dar vida a Oh, mammi blue!

Preguntas frecuentes

Aún no hay ninguna publicada.

¿Tienes alguna otra duda o pregunta?

Pregunta al autor/a

7 comentarios

Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.

  • Iris Morales Ortega

    Iris Morales Ortega

    20 días

    Orgullosa de ti amiga!!♥️

  • Iris Morales Ortega

    Iris Morales Ortega

    20 días

    Orgullosa de ti amiga! ♥️

  • Luz Beloso

    Luz Beloso

    20 días

    Todo o que facedes é unha obra de ARTE. Que o voso traballo medre ALTO e LIBRE, como merece 💙 Unha aperta enorme e noraboa por este proxecto tan necesario!

  • Rosa Estévez

    Rosa Estévez

    26 días

    Boa ventura para o teu proxecto! Pinta ben!

  • Juan Carlos Otero

    Juan Carlos Otero

    27 días

    Que pena que no podre estar para ver la obra! Bravo Helena. Komo!

  • Deborah Vukusic

    Deborah Vukusic

    aproximadamente 1 meses

    Arriba, lindas!!! 🙏❤️

  • Mila da aira

    Mila da aira

    aproximadamente 1 meses

    Todas as montaxes que vin de Cinema Sticado me emocionaron e fascinaron a partes iguais, e esta non será a excepción. Estou desexando vela! Moito ánimo, tropa😘

Utilizamos cookies propias esenciales para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para poder conocer el uso de la página. Política de cookies