❗️Para poder utilizar Verkami debes hacerlo desde otro navegador. Instala o entra desde: Microsoft Edge, Chrome o Firefox. Microsoft ha dejado de actualizar el navegador Internet Explorer que estás utilizando y ha dejado de ser compatible con la mayoría de sitios web.

SoaSuarna: Festival cultural en Navia de Suarna

SoaSuarna é un festival con programación expandida que busca potenciar a cultura local e as iniciativas emerxentes de Galicia.

Festival Soasuarna

Un proyecto de

Categoría

Creado en

A Proba de Navia
15%
37
días
14
Aportaciones
391€
De 2.500€
Aporta al proyecto

Escoge tu recompensa

Apóyalo con una donación

Aporta sin recompensa
Haz una donación altruista al proyecto sin recibir ninguna recompensa a cambio:

SoaSuarna é un festival cultural con programación expandida que nace en Navia de Suarna, no corazón dos Ancares, co obxectivo de activar o rural a través da cultura, poñendo en valor tanto o talento emerxente galego como as iniciativas locais que levan anos facendo comunidade.

O proxecto está impulsado por dúas estudantes de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela, como traballo de fin de grao (TFG), en colaboración coa Asociación da Xuventude do Navia Instagram da Asociación , entidade clave na dinamización cultural da zona.

Con SoaSuarna queremos facer fronte á centralización cultural, demostrando que tamén fóra dos espazos urbanos se pode crear, compartir e celebrar cultura de calidade. A nosa proposta inclúe concertos, obradoiros, charlas, exposicións e actividades interdisciplinares que se celebrarán ao longo de varias semanas, culminando o 16 de agosto de 2025 cun festival diverso, participativo e sostible.

SoaSuarna non é só un evento, é unha aposta pola creación colectiva, pola tradición viva e polo futuro cultural do rural galego.

PROGRAMACIÓN EXPANDIDA (ata o festival)

Desde SoaSuarna consideramos que, igual que é importante non concentrar a oferta cultural nuns poucos espazos, tamén o é non concentrala nuns poucos momentos. Dese xeito, nos últimos meses comezamos a programar unha serie de actividades que continuarán ata o verán, tentando expandir a proposta máis aló dun único evento.

Primeira Xuntanza de presentación na Casa do Concello de Navia de Suarna
Primeira Xuntanza de presentación na Casa do Concello de Navia de Suarna

Posto de merch e artesanía na XXXIV Festa da Antrolla
Posto de merch e artesanía na XXXIV Festa da Antrolla

Obradoiro de cestos de pelica con Luis do Río
Obradoiro de cestos de pelica con Luis do Río

Concerto de Migui Bouzó xunto a Eva Novio no Bar Suarna
Concerto de Migui Bouzó xunto a Eva Novio no Bar Suarna

O FESTIVAL - 16 agosto

O día grande do SoaSuarna celebrarase o 16 de agosto cunha xornada de música en directo, onde a cultura e o talento emerxente serán protagonistas. Comezaremos cunha sesión vermú, para ir quentando motores, e ao longo do día desfrutaremos dunha serie de concertos de artistas galegos.

A música é o eixo central desta celebración: apostamos pola diversidade sonora como reflexo da riqueza creativa actual en Galicia. Sons que van do tradi ata propostas de garaxe, urbano e electrónica.

A que destinaremos as vosas achegas?

Organizar un festival coma SoaSuarna require moita ilusión, pero tamén unha chea de gastos a cubrir:

  • Cachés e desprazamentos de artistas

  • Alugueiro de equipamento técnico

  • Material para obradoiros e actividades paralelas

  • Infraestrutura básica e loxística

Parte do orzamento irá destinado á produción das bolsas, camisetas, láminas e outros agasallos que recibirán os nosos mecenas. Estas recompensas poderán recollerse o día do festival (16 de agosto), no propio punto de encontro habilitado. No caso de non poder asistir, informaremos nas nosas redes de cal será o punto de recollida en Navia de Suarna.

As vosas achegas son fundamentais para facer realidade este proxecto. Cada euro conta, e cada achega é unha semente de cultura que medra no rural. Grazas por formar parte de SoaSuarna!

As nosas redes

Preguntas frecuentes

Aún no hay ninguna publicada.

0 comentarios

Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.

Utilizamos cookies propias esenciales para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para poder conocer el uso de la página. Política de cookies