Performance e danza contemporánea
Tres dias de performances e danza de artistas vinculados a Vigo e un encontro profesional con proxectos escénicos de Portugal.
Presentamos unha exposicón variada de artes do movimento, da palabra e da inmersión acústica. Proponemos unha experiencia transformadora. Un festival que sexa un lugar de encontro entre cidadáns e artistas para compartir e achegarse aos mundos imaxinarios. Ocupar espazos urbanos para darlles un novo sentido.
Encontro profesional e artístico
Máis alá do movemento está o pensamento e a palabra. Os encontros profesionáis son un caldo de cultivo para o presente e o futuro.
O encontro será con as directoras do festival "Linha de fuga" de Coimbra e de "Carreiros para futuros ancestrais" de Paredes de Coura.
Taller de danza
Estamos organizando un taller para profesionais e estudantes de danza e dramaturxia de composición escénica e coreográfica, co bailarín e coreógrafo Chevi Muraday, coa colaboración da ESAD, Escola superior de arte dramático de Galicia. Muraday está vinculado co ensino da danza no teatro.
Formación de públicos e encontros sociais
O festival Síntese pretende achegarse ao público desde varias perspectivas. Sabemos que a experiencia é fundamental para unha formación adulta. Pero tamén queremos aportar unha nova ollada do corpo na cidade a un público máis novo, o xuvenil.
En Síntese Vigo, queremos bailar. Propoñemos un encontro social para o disfrute e a alegría que supón compartir a danza en comunidade.
Manifesto
As artes performativas nos axudan a conectarnos como seres humanos. O que nos move e remove é a idea de que hai esperanza detrás de cada acto artístico, intentando frear o discurso radical e temerario da violencia. Propoñemos un festival onde prevaleza a conexión entre as personas, desde a palabra o movemento ou a paisaxe sonora. Ocupando espazos públicos desde outra perspectiva. Queremos aportar liberdade en tempos bélicos.
“Frente á violencia do mundo propoñemos á danza, como un acto de liberdade” (Tiago Guedes. Director de La Biennale de la danse de Lyon).
MECENAS con pases e recompensas exclusivas
Lámina de danza en Póster ou Postal. O recoñecido artista plástico Seara colabora co festival cunha exclusiva lámina aguada inspirada nos corpos en movemento.
Pase Especial Chevi Muraday: "LO que queda", estrea en Galicia do último solo de danza de Chevi Muraday que bailará para un público reducido, só 30 butacas, no museo MARCO. Ademáis organizamos un encontro co artista despois da función cuns pinchos e viño ou refrixerio. Sábado 4 de outubro ás 19.00h. Vigo
Pase para Dobre proposta Muraday: Sólo 10 entradas. Propoñemos unha dobre experiencia co bailarín e coreógrafo Chevi Muraday. Por un lado un taller para introducirnos no seu mundo creativo e despois asistir ao "LO que queda" o solo de danza creado na súa viaxe por Latinoamérica neste 2025. Estrea en Galicia. Para completar a proposta ofrecemos un pincho para compartir sensacións e recoller a vivencia do día. Sábado 4 de outubro. Taller de 11.00h a 13.00h, función ás 19.00h. Vigo.
Pase simple para SINTE ou para ACCIÓN. Podes conseguir un pase simple para SINTE de Cris Balboa o xoves 2 de outubro ás 23.30h na Iguana Club ou un pase simple para ACCIÓN de Acacia Ojea o venres 3 de outubro ás 20.30h nun espazo especialmente preparado para esta acción de vivencia musical performática. Unha viaxe íntima pola experiencia da música electrónica. Un encontro individual coa performer que te invitará a unha viaxe personal.
Bolsa de tela de algodón. Onde hai un festival sen a súa bolsa de algodón! Se queres ser mecenas e levar unha bolsa de algodón do festival, esta será a túa ocasión.
Quen somos
Cristina Cameselle e Geni Iglesias son as impulsoras deste proxecto.
Cristina Cameselle (Festival "Por danza", Vigo) bailarina, coreógrafa e xestora especializada en danza, leva 30 anos de experiencia dedicados á danza en Vigo.
Geni Iglesias (Festival "En Pé de Pedra" Compostela). Actriz cun amplo curriculum nos escenarios e na xestión de proxectos culturáis en Galicia, Barcelona e Portugal.
Colaborador: SEARA artista plástico
A que destinaremos as vosas achegas.
O obxectivo deste crowdfunding de VERKAMI é para cubrir gastos artísticos e de produción. A maioría das recompensas son as entradas (tickets, billetes) para acudir aos espectáculos e performances, con mención especial en redes.
Calendario previsto Outubro 2025
Xoves 2 de outubro
11.00 a 13.00 Taller profesional Muraday - ESAD
16.30h a 18.30h Taller de danza Muraday - ESAD
19.00 a 21.00h Encontro profesional entre Vigo e Portugal
23.30 SINTE DE Cris Balboa
Venres 3 de outubro
11.00 A 13.00H Taller de danza Chevi Muraday - ESAD
16,30 A 18.30H Taller de danza Chevi Muraday - ESAD
19.00 Larumbe Danza
20.30 ACCIÓN de Acacia Ojea
Sábado 4 de outubro
10.30 A 12.30 Taller especial Chevi Muraday
13.30 Larumbe Danza
18.00H Site Specific
19.00H LO QUE QUEDA solo de danza de Chevi Muraday
20.00H Encontro co artista
As recompensas se entregarán nos horarios e espazos durante o festival. Case todas as recompensas son os pases aos eventos. Hai unha recompensa de postal con envío a península, Belares e Canaria.
COLABORADORES
+ Info
Segue o proxecto tamén en Instagram e no Site
@sintesevigodanza
https://www.sintese.es
3 comentarios
Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.
Inés Escaned
Viva Vigo y viva la danza!!
Sintese Vigo
Autor/a
Grzas! Vamos de punta de lanza. Creando novas oportunidades
Larraitz Urruzola
Adiante!