
No hay proyectos en marcha, categorías o tags con esta búsqueda...
Pulsa ‘Enter’ para buscar entre todos los proyectos :)
Somos unha asociación de xente nova de Galicia que quere deixar pegada no audiovisual galego, así como máis aló, pero dende casa, dende a nosa terra e cos nosos medios. Xurdimos co obxectivo de sacar adiante esta webserie titulada "1/2CRE", unha ficción coa que nos sentimos reflectidos como xeración e, sen ser menos, como persoas. Un proxecto pequeno pero ambicioso co que queremos contar unha historia que realmente poden ser mil, todo canto sexa para reclamar o ser "mediocre" como unha identidade coa que máis de un nos vemos retratados. Unha resposta para cando non nos sentimos nin medio ben, nin medio mal; simplemente mediocre.