
No hay proyectos en marcha, categorías o tags con esta búsqueda...
Pulsa ‘Enter’ para buscar entre todos los proyectos :)
Basauri (Bilbao) 1981. Comezou divulgando os seus versos en xornais e revistas... sendo en 2006 cando publica “Na miña fiestra e outros poemas de andar pola casa”, presentándoo nunha “Volta ás rías Galegas en verso” O 16 de febreiro de 2007 protagoniza a representación poética “Elaborando o meu delirio” do que publicará un DVD . Entre 2008 e 2010, coincidindo cunha publicación homónima ten lugar a súa segunda xira “A casa do poeta”, un espectáculo poético-musical. En 2012, logo de dous anos de traballo con Ramón Núñez preparan o lanzamento de "A Máquina do Tempo" ,un disco-libro e a posta en marcha dunha nova xira. Todos os traballos contan sempre co deseño e ilustración de Nuria Díaz