• Miguel Ángel Alonso Diz

    Miguel Ángel Alonso Diz
    Autor/a

    casi 5 años

    Querémosvos agradecer de novo o voso apoio. Sen a vosa participación “Unha folla vermella”

    non sería realidade. Se existe é grazas a vós, e isto xa forma parte da historia deste

    libro; hoxe e sempre.

    Tamén queremos agradecer a vosa paciencia e pedir desculpas pola demora nos

    prazos de entrega. A situación que nos tocou vivir afectounos en todas as ordes das

    nosas vidas.

    Finalmente o libro saíu do prelo e xa o temos fisicamente mais a imposibilidade de

    estar xuntos Luz e Miguel Anxo, por diversas circunstancias, provoca que algúns dos

    envíos partirán cara os seus fogares nos primeiros días de setembro.

    Se calquera de vós quixera telo antes desa data pode pórse en contacto connosco e lle

    será enviado dedicado por Miguel Anxo. (Seica algúns tedes a posibilidade de que Luz volo asine en setembro)

    Agradecemos novamente que sexades parte fundamental do noso camiño; reiteramos

    as nosas desculpas e confiamos en que esta folla vermella aniñe nos vosos corazóns do

    mesmo xeito que aniñou nos nosos.

    Con pandemia ou sen ela, a creatividade é o celme das nosas almas; a substancia que

    nos leva a soñar un mundo diferente; a ferramenta transformadora.

    GRAZAS

    Miguel e Luz

  • Miguel Ángel Alonso Diz

    Miguel Ángel Alonso Diz
    Autor/a

    casi 5 años

    Pedimos desculpas pola demora. Xa coñecedes a situación que nos tocou vivir. Informamos que o libro rematou a fase de maquetación e en breve, entra en imprenta. Seguimos traballando!!

    Confíamos en que todxs esteades ben. Os nosos mellores desexos convosco.

    Luz e Miguel

  • Marina

    Marina

    5 años

    Espero tenerlo pronto!!!!

  • Marina

    Marina

    5 años

    Espero tenerlo pronto!!!!

  • DenisVicente

    DenisVicente

    5 años

    Os proxectos de Luz Beloso sempre pagan a pena! (L)

  • aprofa

    aprofa

    más de 5 años

    Como resistirse a esa folla de carballo!

  • ellorca

    ellorca

    más de 5 años

    A por outro novo soño! Grazas aos dous!

  • cris amoedo

    cris amoedo

    más de 5 años

    Un pracer

  • salgarimar

    salgarimar

    más de 5 años

    Moita sortiña, chicxs! Unha ledicia que saian adiante estes proxectos que namoran ♥

  • Angel Luis Utrera Baza

    Angel Luis Utrera Baza

    más de 5 años

    Encantado

Mostrar más comentarios...